Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba presenta o programa de Nadal e a campaña de Comercio

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

As edís de Cultura e Comercio de Vilalba, Tamara Rodríguez e María Xosé Fernández, presentaron a programación cultural e a campaña de comercio organizadas polo Concello para o Nadal 2023 e que se prolongará todo o mes de decembro.

A programación cultural arrancará este venres 1 de decembro, ás 21:30 horas coa representación de O Velorio no auditorio. Unha obra de teatro para todos os públicos representada por Borguete, da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol.

O martes 5 de decembro terá lugar o acencido de Luces de Nadal con dous actos que marcarán a xornada. Ás 18 horas haberá panxoliñas coa Coral Luar, na Praza de Santa María (acompaña de Álvaro Costas á Gaita) e ás 20:30 será o Espectáculo MITIC Chrismas Family de Álvaro Costas no Auditorio Municipal.

A programación continuará con actividades os festivos e fins de semana. Así, o mércores 6 de decembro, ás 18 horas será o Conssertaso na Horta, enmarcado da iniciativa Emprazadas na Praza de Santa María. Ao sábado seguinte poderá verse, ás 20.oo horas a obra de Teatro Running no Auditorio Municipal.

Xa máis próximos ás festas, o sábado 16 terá lugar, ás 20:30 horas o recital de Nadal do Conservatorio no Auditorio Municipal. E, o domingo, ás 19.00 horas, o Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre no Auditorio.

Víspera de Noiteboa, ás 19:00, terá lugar o espectáculo familiar Conto de Nadal, con Manuel Manquiña, Pepe Suevos, a Ocaband… e máis no Auditorio.

Continuará a programación o día de Nadal, ás 20:00 horas, co Concerto de Nadal da Banda de Música de Vilalba no Auditorio. O 29, ademais, ás 19.00 horas chega a Vilalba o musical O Libro da Selva, a Aventura de Mowgli. Finalizará o programa o sábado 30, ás 20.00 horas co actuación de Dj Frisco & Marcos Peón dentro da iniciativa Emprazadas.

CAMPAÑA DE COMERCIO

Ademais, cada establecemento contará cunhas tarxetas de participación, que constan de tres ocos para os tres selos (de establecementos distintos) e serán os propios comerciantes os que repartirán as tarxetas entre os seus clientes de forma gratuíta.

Por cada compra de 10 euros ou superior, colocará o selo do seu negocio (só un selo por #comercio) e con tres selos cubertos na tarxeta, obterase de agasallo unha cunca, ata esgotar existencias.

Para o sorteo, só se admitirán as tarxetas que teñan todos os ocos cubertos. O 8 de xaneiro de 2024 recolleranse todas as tarxetas cubertas e de entre todas elas realizarase sorteo o 9 de xaneiro de 2024 na Casa da Cultura ás 20:30 horas.

Haberá 4 premios de 250 euros, 5 de 100 e 20 de 50 euros.

Ademais e co fin de #animar as rúas, a área de Comercio traerá a Vilalba o espectáculo O Folión do Zampón. As persoas interesadas en formar parte da campaña aínda están a tempo contactando coa Área de Comercio.