Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba acolle este venres un obradoiro de educación sexual para familias

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

A Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, presentou esta mañá no concello a publicación ‘En Vilalba falamos de sexo’, promovida pola área de Igualdade, acompañada por persoal do Centro de Información ás mulleres municipal (CIM), así como pola súa autora, Llerena Perozo Porteiro.

Este venres 1 de decembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura, a autora do libro impartirá un obradoiro sobre o contido do libro. Esta actividade dirixida ás ANPAS dos centros educativos do concello está aberta ao público en xeral e distribuiranse varios exemplares entre o público asistente.

“O goberno municipal de Vilalba mantén unha aposta clara na loita pola igualdade, así como na prevención da violencia de xénero e da violencia sexual, sendo as actuacións neste senso un eixo vertebral das nosas políticas municipais”, explicou Rouco.

A publicación intenta responder ás carencias sobre educación sexual que se detectan entre a mocidade, que busca información a través de internet, xeralmente violenta e xeradora de desigualdade, polo que é necesario facilitar á poboación adolescente e as súas familias as ferramentas necesarias para abordar a educación sexual de forma sa e segura.

Durante este curso académico impartiranse, por parte da Axente de Igualdade municipal, obradoiros que terán de base esta publicación, que ademais se distribuirá entre o alumnado participante.