Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Os veciños de Cabreiros organizan unha setada o dia 11

Por 5 Novembro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Xermade teñen unha cita o vindeiro 11 de novembro. A asociación de veciños de Cabreiros organizan a súa setada. A cita comezará ás 14.30 horas na Casa Escola de Cabreiros.

O menú inclúe empanada de setas, paella con setas, carne asada con setas, postre, café e gotas. Aínda que todos os pratos inclúen setas, quen non poida comelas pode avisar no momento de anotarse para facer o menú sen elas.

Os interesados poden adquirir o tícket, que ten un prezo de 20 euros para os socios e de 25 para os non socios, poñéndose en contacto con calquera membro da directiva. A data límite para anotarse é o vindeiro día 8.