Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Momán organiza o seu magosto o vindeiro día 18

Por 12 Novembro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Momán, no Concello de Xermade, organizan o seu propio magosto o vindeiro 18. A cita comezará ás 17.00 horas no pavillón municipal de Meira.

A sesión vermú contará coa actuación da disco móbil, que tamén actuará pola tarde. O menú contará con callos, carne ó caldeiro, sobremesa, castañas asadas, café e chupito. Tamén se organizará o gran campionato de tute con trofeo e regalos para os tres primeiros clasificados.

As entradas poden adquirirse no restaurante Tino, na parrillada Casablanca, no restaurante O Paso de Candamil ou a través dos membros da asociación antes do 14 de novembro. Os tíckets teñen un prezo de 30 euros para os adultos, 15 euros para os nenos de 6 a 12 e de balde para os nenos de 0 a 6 anos.

A cita está organizada pola Sociedade Recreativa Cultura de Momán e conta coa colaboración de Espectáculos Goás e o Concello de Xermade.