Skip to main content
Xermade

O Concello de Xermade incorpora unha mini pa ao parque de maquinaria municipal

Por 6 Novembro, 2023Novembro 7th, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade conta xa con nova maquinaria, trátase unha mini pa destinada a actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

Á entrega asistiu o alcalde, Roberto García; o tenente de alcalde, José Prieto; Manuel Pérez, da Deputación de Lugo, e a representante da empresa adxudicataria Transfaya.