Skip to main content
Xermade

Organizan en Xermade un curso sobre autonomía nas persoas maiores

Por 8 Novembro, 2023Sin comentarios

O concello de Xermade acollerá unha sesión formativa sobre Autonomía e mantemento das actividades diarias, dirixida ás persoas maiores do termo municipal.

Trátase dunha formación gratuíta que o organiza o Concello en colaboración con Afalu.

Esta terá lugar o próximo mércores 15 de novembro, de 16.00 a 19.00 horas, na nave municipal do polígono de Xermade.

A inscrición pode realizarse neste enlace, no teléfono 678 744 178 ou no correo afalu@afalu.org.