Skip to main content
Xermade

Convocado un curso de auto defensa en Xermade

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

Con motivo do 25N, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia financia en Xermade un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

O curso vai ser impartido por un especialista da Federación Galega de Loita e pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A actividade vaise levar a cabo no salón de actos da biblioteca os días 17 e 24 de novembro en horario de 16:00 a 20.00 horas.

As mulleres que queiran participar teñen que inscribirse previamente por whatsapp no 678 744 178.