Skip to main content
Xermade

Xermade celebra este sábado o seu acto central contra a violencia de xénero

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade volve desenvolver este ano unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de xénero.

Os actos deron comezo o venres 17 co inicio do curso de autodefensa, que continuará na súa segunda sesión o 24.

Así mesmo, o día 25, ás 12.00 horas, están convocada toda a veciñanza a un acto reivindicativo na praza do Concello, no que se lerá un manifesto e se gardará un minuto de silencio.

Completará o programa a continuación unha andaina, que terá a súa saída da praza do Concello. As persoas interesadas en participar nesta actividade, que estará centrada na loita contra a violencia de xénero, poden facelo no teléfono 618 744 178. A camiñada será de 7 quilómetros.