Skip to main content
Xermade

O servizo Coidados porta a porta fará unha charla en Xermade sobre coidado do oído

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia informa de que nos días 23, 24 e 27 de novembro estará ao lado do centro de saúde unha unidade móbil dentro da campaña Coidados porta a porta.

Ademais, está organizada para este xoves, día 23, ás 18.00 horas unha charla sobre coidados básicos do oído. Estará impartida por profesionais do Servizo de Audioloxía do programa. A entrada é libre e non precisa de inscrición.

Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unha banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.