Skip to main content
Xermade

Imparten en Roupar unha clase de danju

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

A asociación veciñal de Roupar, en colaboración coa Asociación Galega de Taekwondo Tradicional celebrará este xoves, 30 de novembro, nesta parroquia vilalbesa unha clase informativa e demostración gratuíta de danju, unha modalidade de ximnasia específica para maiores.

Esta terá lugar na Escola Habanera, ás 15.30 horas e os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no 652 710 392.

O danju, que non traballo no chan, está especialmente dirixido a persoas con problemas vinculados ao aparato locomotor como hernia, osteoporose, problemas na columna, sobrepeso ou dores de xeonllos e brazos.

O danju é unha disciplina evolucionada do método Pilates, deseñada para facela factible a todas as condicións físiccas, independentemente da idade, o estado físico, etc.