Skip to main content
Xermade

O PP de Xermade reclama unha revisión das contrato do SAF, á vista das protestas

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

O PP de Xermade insiste en solicitar ao goberno local a revisión do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF) co obxectivo de garantir a mellora do servizo: tanto na atención ás persoas usuarias coma nas condicións laborais das traballadoras, a raíz das protestas veciñais.

O voceiro, Antonio Riveira, explica que o contrato foi asinado en agosto do 2019 e, polo tanto, considera que “está desfasado” en canto a prezos e horas contratadas que “se deberían ir revisando en función da demanda”. De feito, a finais do pasado mes de outubro xa eran máis de 50 as persoas en lista de agarda; unha situación que “condenamos dende o Grupo Municipal Popular e para a que pedimos medidas urxentes”.

As deficiencias no servizo e a situación precaria das traballadoras foron obxecto de queixas por parte de familiares de usuarios e usuarias do servizo de atención a dependentes; xa que “nas ocasións nas que non hai persoal dispoñible para prestar o servizo, as familias teñen que buscar outros recursos para suplir a falta de servizo”.

Os populares lamentan, pois, que “o alcalde nunca quixera revisar o contrato: nin sequera cando as traballadoras fixeran folga, a pesar de que el mesmo acudiu ás manifestacións para mellora as condicións laborais das traballadoras do SAF”.

APOIOS DA XUNTA

Afirma que la Xunta de Galicia incrementou no 2023 o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar ata os 12 euros a hora para axudar aos concellos na prestación deste servizo de competencia municipal. Deste xeito, o Goberno galego adianta un ano o compromiso acadado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) de chegar a esa achega por hora no 2024.

Concretamente, a Xunta ten aportados nos tres primeiros trimestres deste 2023 máis de 400.500 euros ao Concello de Xermade polo SAF.