Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Ribadeo acollerá a I Marcha Interxeracional San Silvestre

Por 4 Decembro, 2023Decembro 5th, 2023Sin comentarios

Ata o 15 de decembro está aberto o prazo de inscrición na I Marcha Interxeracional San Silvestre, que organiza o CAMP A Concordia coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

O percorrido irá dende a Rúa Dionisio Gamallo Fierros ata a Praza de España. Trátase dunha actividade deseñada para todas as persoas incidindo en que a accesibilidade debe estar presente na vida cotiá. Todas poden participar nesta proba, aportando conciencia social, facilitaránselles uns panos que os levarán a poñerse nos zapatos das persoas con capacidades diferentes.

A edil de Benestar Social, Elena Sierra, anima a participar: “desde o Concello facemos unha chamada á participación de nenas e nenos, avoas, avós, con bastón, con muleta, con andador, en cadeira de rodas… é un percorrido corto e inclusivo, que queremos facer todas xuntas e xuntos”.

A inscrición para participar pode facerse de xeito presencial no Centro de Día A Concordia ou chamando aos teléfonos 982 120 407 ou  638 295 573.