Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Un total de 408 persoas están anotadas xa para participar na XXXIII San Silvestre de Ribadeo

Por 15 Decembro, 2023Decembro 16th, 2023Sin comentarios

Un total de 408 persoas se anotaron xa para participar na XXXIII San Silvestre de Ribadeo. A inscrición segue aberta ata o 26 de decembro.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou que “ata o 26 de decembro está aberto o prazo de inscrición na trixésimo terceira edición da San Silvestre de Ribadeo. Ata o día de hoxe contamos con 408 corredores inscritos nas diferentes categorías establecidas”.

O edil ribadense anima a participar nesta tradicional cita: “queremos animar desde a Concellería de Deportes a todas aquelas persoas que queiran despedir o ano correndo a nosa San Silvestre a que se anoten, porque aínda teñen uns días para poder facelo a través de championchipnorte.com”.

Silvent engadiu: “queremos lembrar que haberá premios en metálico e tamén trofeos para as gañadores e gañadores. E tamén agradecer, unha vez máis, a colaboración de Eroski e Gadis, que están apoiando ás corredoras e corredores xunto ao Concello de Ribadeo”.