Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

59 persoas están inscritas para participar na I Marcha Interxeneracional de Ribadeo

Por 16 Decembro, 2023Sin comentarios

Cincuenta e nove persoas se inscribiron para participar na I Marcha Interxereneracional San Silvestre, organizada polo centro de día A Concordia coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.

A marcha desenvolverase o 29 de decembro a partir das 12 do mediodía, entre a rúa Dionisio Gamallo e a Praza da España. Son 150 metros os que percorrerán os participantes.

Os concelleiros de Benestar Social e Deportes, Elena Sierra e Francisco José Silvent, agardan que “todas e todos desfrutaremos moito desta I Marcha Interxeneracional, + metros, + posibilidades pola accesibilidade e a inclusión. Esperamos que o tempo nos acompañe e que poidamos despedir o ano xuntos con este bonito percorrido”.