Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

A SD Ribadeo presentou as equipacións oficiais da tempada 2023/24

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

O campo municipal Pepe Barrera acolleu a presentación das equipacións oficiais da tempada 2023/24 da SD Ribadeo e do Barres CF. Ao acto acudiron os preto de 260 nenas e nenos, que compoñen a grande familia da SD.

Desde a directiva agradecen o apio dos patrocinadores: “Adega Castillo San Damián, A Cofradía de Rinlo, Construcar, Pertejo SL, BeOne e Top Cad. Tamén a Gesnia Energía, Gestión Gratelu, Axa Seguros-Óscar García Teijeira SL e a Adamo-PC Coste pola súa colaboración. E a Marcos, de Deportes A Chaira, e a Lucía, de Serigrafía Eo, polo bo traballo que fixeron. Sen eles non poderíamos levar adiante este proxecto deportivo”.

Unha vez rematado o acto celebrouse a Primeira Comida do Nadal da Sociedade Deportiva, no pavillón do Colexio Público Gregorio Sanz para despedir, por todo o alto, a primeira parte desta temporada. O xantar foi servido por Chao dos Navais. Contou coa asistencia dunhas 450 persoas, “non faltou de nada: boa comida, música, animación, inchables, sorteos…”, dixeron.