Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Os trofeos da XXXIII San Silvestre de Ribadeo estarán elaborados pola asociación Saúde Mental A Mariña

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

Seguen os preparativos da San Silvestre 2023 en Ribadeo por iso dende o concello informaron que os trofeos estarán elaborados para a ocasión pola asociación Saúde Mental A Mariña, que continúa deste xeito a colaborar co Concello ribadense.

Xunto a eles estiveron os concelleiros de Deportes e Atención Cidadá, Francisco José Silvent e Montse Seijo, que lles agradeceron o traballo realizado e aproveitaron o encontro para desexarlles unhas felices festas de Nadal.

Desde o Concello animan a participar na San Silvestre 2023: “hai moitos inscritos, pero aínda é posible anotarse ata o vindeiro día 26, así que animamos aos deportistas ribadenses e do resto da contorna a participar nesta tradicional cita”.