Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Éxito da I Marcha Interxeracional San Silvestre de Ribadeo

Por 30 Decembro, 2023Sin comentarios

Éxito da I Marcha Interxeracional San Silvestre, organizada polo centro de día A Concordia coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.

A marcha tivo lugar no mediodía do venres 29 de decembro entre a rúa Dionisio Gamallo e a praza da España. Foron 150 metros os que percorreron os participantes.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradeceu a participación nesta I Marcha Interxeracional, + metros, + posibilidades pola accesibilidade e pola inclusión: “o tempo acompañou e todos xuntos pasamos un rato moi agradable. Agardamos repetir experiencia no 2024 e que sexan máis as persoas de diferentes xeracións as que se animen a acudir a esta cita”.