Skip to main content
BurelaComarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXAViveiro

A UE eleva un 10,5% as capturas de pescada, o que beneficiará á frota galega

Por 12 Decembro, 2023Sin comentarios

Os ministros de Pesca da Unión Europea alcanzaron un acordo para a repartición da pesca no Atlántico e o Mar do Norte para 2024, engadindo o 20225 e 2026 en algúns casos, e para as posibilidades de pesca no Mediterráneo e o Mar Negro para 2024, un pacto que inclúe un aumento do 10,5% das capturas de pescada para España, ata 11.000 toneladas.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, celebrou o acordo xa que supón a cifra máis importante do século e un pulo para a frota pesqueira galega, unha das máis importantes da Unión.

En palabras do delegado, “trátase dun acordo histórico froito dunha longa, complexa e difícil negociación da que saímos moi satisfeitos, pois estamos a cumprir cun sector do que viven centos de familias na nosa comunidade e que é vital para a economía de moitas vilas mariñeiras”.

Pedro Blanco fixo estas declaracións e destacou o apoio á modernización e innovación de sectores tradicionais como a pesca para o crecemento e a internacionalización das empresas galegas.

Pedro Blanco salientou o compromiso do Goberno co sector pesqueiro, “fundamental para a economía de Galicia e de territorios como A Mariña, unha actividade que supón o 7% do PIB”.