Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Hoxe comeza a Futsal WEC 2023 en Burela que coroará ás campioas europeas

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

Hoxe comeza a Futsal WEC 2023 en Burela no que durante toda a semana xogaranse 7 partidos de futsal de primeiro nivel que coroarán ás campioas europeas.

Os afeccionados poderán ver o mellor fútbol sala feminino do continente grazas á presenza de catro clubs campións europeos: Pescados Rubén Burela FS de España, SL Benfica de Portugal, Bitonto C5 Femminile de Italia e FC Marlène de Países Baixos. Estes catro equipos buscarán facerse co trono europeo na segunda edición da Futsal WEC.

Na actualidade Pescados Rubén Burela FS son as vixentes campioas, tras resultar gañadoras da pasada edición celebrada en 2021 en Lugo.

Pescados Rubén Burela FS, SL Benfica, Bitonto C5 Femminile e FC Marlène disputarán un cuadrangular entre martes e xoves. Desta fase previa resultarán os dous equipos que o venres, ás 20.00 horas en Vista Alegre, disputarán a gran final do campionato.

Competición:

  • 19 de decembro ás 18:00 horas – SL Benfica VS Bitonto C5 Femminile
  • 19 de decembro ás 20:30 horas – Pescados Rubén Burela FS VS FC Marlène
  • 20 de decembro ás 18:00 horas – Bitonto C5 Femminile VS FC Marlène
  • 20 de decembro ás 20:30 horas – SL Benfica VS Pescados Rubén Burela FS
  • 21 de decembro ás 18:00 horas – FC Marlène VS SL Benfica
  • 21 de decembro ás 20:30 horas – Pescados Rubén Burela FS VS Bitonto C5 Femminile
  • 22 de decembro ás 20:30 horas – Gran Final