Skip to main content
Ribadeo

Vanse realizar actuacións de mellora na escola infantil pública Nosa Señora do Campo, en Ribadeo

Por 6 Decembro, 2023Sin comentarios

Vanse realizar actuacións de mellora na escola infantil pública Nosa Señora do Campo, en Ribadeo, ás que o Goberno galego destina preto de 30.000 euros.

Ata o de agora xa se actuou na mellora do muro exterior do centro e, ademais, renováronse dúas aulas para facelas máis confortables para os alumnos. O director xeral avanzou que tamén se instalará unha zona cuberta para que os pais poidan deixar os carriños dos seus fillos ao chegar á escola.

Ademais, a petición do alcalde ribadense, a Xunta continuará analizando en 2024 outras melloras a realizar na escola, que dispón de sete unidades e 107 prazas de 0 a 3 anos.