Skip to main content
O Valadouro

O Seminario de Estudos do Valadouro conta cun novo caderno sobre a emigración en Cuba

Por 16 Decembro, 2023Decembro 17th, 2023Sin comentarios

O Seminario de Estudos do Valadouro ou SEVA, publicou o seu caderno número 13 baixo o título Textos e contextos da emigración do Valadouro en Cuba de Prudencio Viveiro Mogo.

Este caderno da visibilidade aos emigrantes do Valadouro en Cuba e é unha panorámica xeral da emigración que xunta unha colección de textos fundamentais para documentar a presenza dos valadoureses na Habana.

Tamén recentemente presentaron o caderno número 10, Flores de primavera do Valadouro, da man de Pedro Rollo Chaves.

Os Cadernos son pequenas publicacións sobre prehistoria, lendas, Pardo de Cela, a apicultura ou calquera aspecto que teña que ver co val.

Os concellos de Alfoz e o Valadouro, a través das Delegacións de Cultura, colaboran nestas proposta culturais, e sempre agradecendo a implicación do SEVA no seu labor de poñer en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural, histórica e patrimonial do Val.