Skip to main content
O Valadouro

O Seminario de Estudos do Valadouro presentará o novo caderno sobre a emigración en Cuba

Por 26 Decembro, 2023Decembro 27th, 2023Sin comentarios

O Seminario de Estudos do Valadouro ou SEVA, presentará o seu novo caderno, o número 13 e que leva por título ‘Textos e contextos da emigración do Valadouro en Cuba’ de Prudencio Viveiro Mogo.

Esta cita será o venres 29 de xaneiro ás 20.00 horas na casa da cultura do Valadouro e o venres 12 de xaneiro ás 20.00 horas na casa da cultura de Alfoz.

Este caderno da visibilidade aos emigrantes do Valadouro en Cuba e é unha panorámica xeral da emigración que xunta unha colección de textos fundamentais para documentar a presenza dos valadoureses na Habana.

Os Cadernos son pequenas publicacións sobre prehistoria, lendas, Pardo de Cela, a apicultura ou calquera aspecto que teña que ver co val.

Os concellos de Alfoz e o Valadouro, a través das Delegacións de Cultura, colaboran nestas proposta culturais, e sempre agradecendo a implicación do SEVA no seu labor de poñer en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural, histórica e patrimonial do Val.