Skip to main content
O Valadouro

Volve un ano máis o LudiNadal do Valadouro

Por 24 Decembro, 2023Sin comentarios

Volve un ano máis o LudiNadal, unha serie de actividades de actividades lúdicas programadas e orientadas a rapaces e rapazas con idades entre os 3 e os 12 anos.

As actividades realizaranse entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro entre as 10.00 e as 13.00 horas e o lugar de realización das actividades, agás previo aviso, serán as instalacións do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo.

Recoméndase que os participantes asistan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades deportivas e xogos.

Tamén lembran dende o Concello que a inscrición se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica, e-mail…) ou en persoa nas oficinas da casa da Cultura.

As bases de inscrición podes atopalo neste enlace e o formulario de inscrición aquí.