Skip to main content
Viveiro

O punto limpo de viveiro percorrerá as parroquias nos vindeiros meses

Por 5 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa de que o punto limpo móbil volverá a percorrer as parroquias do municipio.

Neste vehículo, os veciños e veciñas poderán depositar distintos tipos de residuos que non se poden deixar nos contedores de residuos habituais.

O punto limpo estará dende hoxe onde a escola de Landrove. O día 18 de decembro pasará a situarse nas inmediacións da escola de San Andrés de Boimente.

Ao longo do ano seguinte, ata o mes de maio, visitará diferentes localizacións de Galdo, San Pedro, Valcarría, Chavín, Vieiro, Covas, Misericordia, Faro, Celeiro e Viveiro.