Skip to main content
Viveiro

O día 18 porase en marcha o novo servizo de recollida da fracción orgánica de Viveiro

Por 8 Decembro, 2023Decembro 9th, 2023Sin comentarios

O vindeiro día 18 de decembro porase en marcha o novo servizo de recollida da fracción orgánica dos residuos de xeito separado.

Os días 14 e 15 colocaranse os contedores de cor marrón en diferentes puntos do entorno urbano de Viveiro, Celeiro e Covas, podéndose depositar os residuos neles dende o momento en que estean colocados.

Estes contedores serán de acceso restrinxido mediante chave, unha característica motivada pola necesidade que o residuo depositado sexa da maior calidade posible e non leve impropios. A recollida será os luns, mércores e venres.

Existen chaves a disposición de todos os usuarios e usuarias, que se entregarán na oficina de información ao cidadán situada na rúa Teodoro Quiros, número 7. Pode solicitarse máis información ao respecto no teléfono de atención 697162637 ou no propio Concello.

Xunto coa chave de apertura  entregarase un kit composto por un cubo pequeno para os fogares,  bolsas de compostaxes e un folleto explicativo.

Lembrase tamén que a partir dese mesmo día 18 porase en marcha o servizo de quita e pon no casco histórico, de maneira que os contedores serán retirados da rúa a primeira hora da mañá e serán colocados de novo a partir das 18.00 horas.