Skip to main content
Axenda CaducadaSober

Os máis cativos de Sober poden gozar das Merendas con Contos en novembro

Por 1 Decembro, 2023Sin comentarios

Durante este mes de decembro, en Sober continúa en marcha unha programación con sesións de contacontos e obradoiros para os máis pequenos do Concello. O programa Merendas con Contos, desenvólvese de 16.30 a 19.00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Sober.

Este venres homenaxearán a Hematrocrítico, falecido esta semana, a través da lectura de ‘Agente Ricitos’. Despois os nenos e nenas poderán participar nun obradoiro de decoración de Nadal.

O vindeiro venres 15 de decembro, o libro protagonista é ‘Alva e Papa Noel’ de Maren T Jelta Thu. De novo os cativos poderán gozar da creación de decoración para estas festas a través da participación nun obradoiro.