Skip to main content
Axenda CaducadaTaboada

O mercado Petiscos de Nadal volve a Taboada o 23 de decembro

Taboada acolle, un ano máis o Mercado de Nadal da Ribeira Sacra, baixo o nome de ‘Petiscos de Nadal’ o vindeiro 23 de decembro ao que poderán acudir todas as persoas interesadas, tanto do Concello como de fóra.

Este mercado caracterízase pola calidade dos produtos locais e de proximidade que ofrece, elaborados artesanalmente con mimo, coidado e responsabildade ambiental.

Ademais, este mercado incluirá, tamén moita variedade de actividades culturais e lúdicas para todos os públicos nas que destacará a música, os obradoiros e maís sorpresas.

“A calidade artesanal, o compromiso coas tradicións locais, a conciencia sobre a sostibilidade, a posta en valor dun patrimonio culinario ben abundante, e por suposto, moita alegría” serán os ingredientes que poñen en valor os organizadores do mercado.