Skip to main content
Axenda CaducadaSober

O Concello de Sober oferta un emprego de monitor de deportes

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Sober vén de publicar un novo proceso selectivo para a contratación dun empregado no servizo de deportes.

Trátase dun contrato de traballo como monitor de deportes de carácter temporal no marco do Plan Provincial Único de Cooperación con Concellos 2023.

Os interesados poden presentar a súa candidatura poden facelo dende este luns ata o martes 12 de decembro. As titulacións requiridas para o posto, que comprende uns 3 meses de traballo, son técnico superior en actividades físicas ou titulación equivalente ou superior.