Skip to main content
Axenda CaducadaTaboada

A Ribeira Sacra será a protagonista da segunda etapa da volta ciclista ‘O Gran Camiño’

Por 6 Decembro, 2023Decembro 7th, 2023Sin comentarios

A volta ciclista profesional ‘O Gran Camiño’ volve a Galicia por terceiro ano co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amosará ao mundo a Ribeira Sacra lucense, xa que Taboada e Chantada serán puntos clave da etapa, segundo informou o vicepresidente Efrén Castro.

Nun acto celebrado no miradoiro de Ponte Mourulle, en Taboada, Castro explicou que o vindeiro 23 de febreiro, a segunda etapa da volta ciclista terá como pano de fondo as ribeiras do Miño, xunto ao responsable da organización, Ezequiel Mosquera, o tenente alcalde de Taboada José Portela, o concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural Manuel Diéguez e a concelleira de Igualdade, Benestar e Sanidade Patricia Conde.

Efrén Castro explicou que “a Vicepresidencia da Deputación apoia esta volta profesional a Galicia desde o inicio, unha colaboración que iniciamos conscientes de que apostabamos por un produto gañador para mostrar o territorio. Tres anos despois, ten un oco no calendario dos mellores equipos e permite que a provincia sexa unha vez ao ano capital do ciclismo mundial”.

O vicepresidente da Deputación avanzou que será unha etapa “divertida, nunhas estradas que as grupetas da contorna xa disfrutan, e que o vindeiro 23 de febreiro percorrerán os mellores ciclistas do mundo” e incidiu na proxección internacional que a proba dará a zona, coa retransmisión para máis 170 países do mundo a través das pantallas “amosaremos as ribeiras do Miño e a viticultura heroica cun deporte que sempre foi heroico como e o ciclismo”, concluíu.