Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

Os veciños de Pantón xa poden participar no Concurso de Beléns

O Concello de Pantón, organiza, un ano máis o seu tradicional concurso de Beléns no que poderán participar tanto veciños como asociacións e parroquias do Concello.

Os traballos deberán realizarse antes do 23 de decembro, día no que remata o prazo de inscrición por parte das entidades participantes, que poderán apuntarse na Casa da Cultura ou chamando ao 982 456 377.

Esta iniciativa promóvese co fin de festexar estas datas de Nadal dentro do Concello e en todas as parroquias que o conforman e así que tamén os veciños poidan ver as creacións dos seus concidadáns.