Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

Os nenos de Quiroga xa poden participar do Certame de Poesía Infantil Nadal 2023

A Biblioteca Pública Municipal de Quiroga convoca o Certame de Poesía Infantil Nadal 2023, no que poderán participar todos os nenos e nenas ata os 16 anos ata o 22 de decembro. Así, haberá tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.

Os poemas deberán ser sobre o Nadal e deberán ir escritos en galego. Ademais, terán unha extensión máxima dun folio por unha soa cara e poderán ser escritos tanto a man, en bolígrafo, como a ordenador.

Cada persoa poderá presentar todos os traballos que desexe con outra folla cos seus datos con letra maiúscula e que se poida ler e deberán presentarse antes do día 22 na Biblioteca.

Gañadores

Un xurado conformado por persoas entendidas na materia seleccionará para cada categoría os traballos gañadores, que recibirán un diploma acreditativo e un lote de libros en xaneiro, cando se fará pública a decisión.

Os nenos e nenas premiados participarán na fase Provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, quen será ademais a propietaria dos traballos para poder publicalos no futuro.

Así, a Biblioteca publicará cada ano un libriño conmemorativo que recollerá os traballos premiados o ano anterior.