Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

O XIX Torneo Nadal de Fútbol Sala de Quiroga terá lugar a finais de decembro

Por 11 Decembro, 2023Decembro 12th, 2023Sin comentarios

O Concello de Quiroga organiza o XIX Torneo Nadal de Fútbol Sala, que terá lugar os días 26, 27, 28 e 29 de decembro no pavillón municipal do Concello.

As persoas interesadas en participar poderán apuntarse cos seus equipos a través do número 620 752 201. O sorteo de grupos terá lugar o sábado, 23 de decembro no Bar Pontón.

Na inscrición gratuíta dos equipos, que deberán ser mínimo 4 e máximo 6, incluirase o seguro, trofeos para todos os equipos con cea para o equipo campión.