Skip to main content
Axenda CaducadaSober

Sober oferta un posto de traballo de auxiliar administrativo

Por 13 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Sober vén de publicar unha nova oferta de emprego. Neste caso, trátase da contratación temporal dun auxiliar administrativo. O contrato é a xornada completa cunha duración de 3 meses para encargarse dos servizos administrativos.

A convocatoria permanecerá aberta ata o vindeiro mércores 20. Requírese titulación académica de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou titulación equivalente ou superior, Celga 3 ou superior ou curso de perfeccionamento de galego.

Para que os interesados sexan admitidos á realización das probas deberán ter nacionalidade española, non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, ter 16 anos, non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas e ser desempregado inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

A puntuación final do proceso será a suma da puntuación obtida polo/a aspirante nas distintas fases ou probas de que conste o proceso selectivo correspondente.