Skip to main content
Comarca LUGOXALugo

O movemento veciñal a favor do campus logra o apoio de máis de cen colectivos

Por 30 Decembro, 2023Decembro 31st, 2023Sin comentarios

O Movemento Cívico Campus Lucense, impulsado pola Federación Provincial de Asociacións Veciñais Lucus Augusti de Lugo e polo colectivo Galicia Baleira, continúa co seu programa de traballo enviando manifestos de apoio para que non seu supriman titulacións no campus de Lugo.

Ata o momento, un total de cen colectivos xa o firmaron. Entre eles figuran varios concellos, como o de Meira, Lourenzá ou Castro de Rei como as últimas incorporacións. Tamén así o fixeron outras asociacións veciñais que non están dentro da Federación, como as de Bóveda, Carballedo, Pantón ou Cervantes.

Tamén destacan outros importantes como Amigos do Patrimonio de Castroverde ou Territorio Verde, entre outros moitos colexios profesionais, concellos, sindicatos, entidades agrarias, sociais, empresariais, culturais ou deportivas, plataformas, anpas, etc.

O movemento cívico manterá a súa reunión co reitor da USC no mes de xaneiro, e tamén se reunirán nese mes coa alcaldesa e o presidente da Deputación. Si que agardan pola resposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

O Movemento Cívico Campus Lucense insiste nas súas reivindicacións que se recoñeza a singularidade do campus lugués, unha rebaixa da ratio mínima de alumnos por titulación, establecida en 45; a defensa de manter as clases presenciais e non compartir os últimos cursos dos graos con outros campus.

O futuro da provincia está totalmente vencellado ao mantemento das titulacións.