Skip to main content
Castroverde

Amigos do Patrimonio de Castroverde celebrará o Día das Montañas cunha ruta

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

O colectivo Amigos do Patrimonio de Castroverde conmemorará o domingo 10 de decembro o Día das Montañas cunha serie de actividades.

Comezarán participando na concentración diante do Edificio Multiusos da Xunta en Lugo, ás 12.00 en defensa das montañas, organizado polo colectivo Eólica, Así non.

Ao rematar, sairán ata Barredo para facer un xantar na escola e, entre as 14.00 e as 17.00 horas realizarán unha ruta polos arredores de Barredo de entre 9 e 10 quilómetros.

As persoas que desexen asistir deben poñerse en contacto con amigospatrimoniodecastoverde@gmail.com.