Skip to main content
Castroverde

O BNG de Castroverde considera insuficientes os orzamentos para o Concello

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

A concelleira do BNG en Castroverde, Iria Castro, lamenta que os orzamentos de Castroverde aprobados o xoves para o exercicio 2024 sigan a inercia dos anos anteriores do Goberno municipal. Uns orzamentos que, segundo indican, son unha mostra máis da ausencia de proxecto do Goberno e que repiten patróns ano tras ano e nos que faltan investimentos importantes como plans reais para o gran patrimonio de Castroverde como o castelo ou a recente descuberta necrópole de Páramo.

Segundo o BNG, estes orzamentos non van reverter as necesidades actuais de mellora e mantemento das infraestruturas, xa que “un 18% do orzamento é para o amaño de estradas, o cal non estaría mal se non levasen fondos tamén do Plan Único e doutros plans da Xunta.” As estradas amáñanse “sen ningún tipo de orde, poñendo remendos aquí e aló sen ningún tipo de plan de mantemento”, manifesta a voceira nacionalista

Nestes últimos orzamentos lamentan que as axudas para as políticas de promoción do comercio local, turismo e apoio a pequenas empresas queden a 0. “Como se pode fomentar e atraer investimento a un Concello con 0 apoio ao mesmo?”, pregúntase Castro.

Neste sento, o BNG votou en contra destes orzamentos porque “son insuficientes para Castroverde porque non teñen en conta a realidade do Concello e son curtopracistas. Precisamos un goberno municipal que saiba xestionar, con miradas de futuro e un plan claro” concluíu Iria Castro.