Skip to main content
CastroverdeLugo

Lugo acolleu unha concentración polo Día das Montañas

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

Lugo acolleu unha das seis manifestacións convocadas en Galicia pola coordinadora Eólica Así Non con motivo do Día das Montañas. A plataforma quixo protestar ao sentirse ameazada polo modelo invasivo e espoliador da enerxía eólica promovido polos gobernos da Xunta e do Estado.

O lema empregado nas marchas e concentracións foi: Defendemos as montañas fronte gobernos e especuladores.

O manifestantes concentráronse en Lugo fronte ao edificio Multiusos da Xunta de Galicia para leer o seu manifesto no que explica que “este é o terceiro ano consecutivo no que aproveitamos este día para apelar ás administracións públicas a defender os valores e recursos naturais comúns dos montes galegos fronte á depredación eólica. Sen embargo, xa hai tempo que os gobernos da Xunta e do Estado abandonaron a súa función pública. Xa non son os valedores do interese xeral no proceso de transición ecolóxica. Están deixando moi claro que só están ao servizo do lobby enerxético”.

AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE

Como estaba previsto, este colectivo comenzou a xornada coa concentración ás 12 diante do Edificio Multiusos da Xunta. Pola tarde, parte dos asistentes á concentración desprazáronse á parroquia de Barredo (Castroverde), onde, despois de xantar, fixeron un percorrido polos montes desta parroquia. Partindo da escola subiron pola costa para achegarnos a Pena Branca, desde onde se poden ver diversos lugares de Castro Verde (A Meda, Vilafrío, O Sabugueiro, Vilaxurxo, Soutomerille), así como do Corgo e de Lugo. Logo achegáronse a outros cumios próximos da Serra de Outeiro Maior –O Pico e a Pena do Campanario-, baixaron ao Cruceiro e, por Vilar dos Naraos, voltamos a Barredo.

“A carón destes cumios queren colocar varios muíños de vento e evacuar a enerxía ata a estación de Monciro, ao longo duns seis quilómetros de distancia, precisando a colocación dunhas corenta torretas e cableado, …unha barbaridade que, de chegar a executarse, vai afectar a veciños de Castroverde e Lugo e viandantes do Camiño Primitivo, e ao noso patrimonio cultural e natural”, explicaron.