Skip to main content
Castroverde

Zucurrundullo ofrecerá este sábado o seu concerto de Nadal

Por 27 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Castroverde acollerá este sábado, 30 de decembro, o Concerto de Nadal.

Será na igrexa de Vilabade a partires das 19.00 horas e consistirá nun recital de panxoliñas a cargo da Asociación Cultural e Musical Zucurrundullo.

Ademais, o día anterior, o ZuncoMiúdo ofercerá na igrexa poarroquial de Castroverde o seu peculiar concerto. Será ás 17.00 horas. Realízase en colaboración coa parroquia de Castroverde e a Asociación Zuncurrundullo.