Skip to main content
Castroverde

A veciñanza de Castroverde denuncia cunha manifetación a ausencia de médicos dende o 25 de decembro ata o 2 de xaneiro

Por 26 Decembro, 2023Sin comentarios

O BNG convocou unha concentración en Castroverde pola defensa da sanidade  pública da comarca. Laura  explicou que durante esta semana no Centro de Saúde da vila no teremos facultativos que atenden á veciñanza de Castroverde, preto de 2.500 persoas cunha media de idade moi avanzada. “A Xunta intenta facer en Castroverde o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde”, afirmou Laura

“Que en Castroverde quedemos sen médico unha semana e só teñamos pediatra 3 días non é casualidade. En 2010 levaron a ambulancia medicalizada para o Corgo, despois quitaron un dos tres médicos que había no centro e agora só quedan 2 profesionais para toda a poboación do concello” reiterou Laura. Ademais diso, estamos na situación que denunciamos, onde non cobren nin as baixas nin as vacacións, obrigándonos a ir ás urxencias do Hula, que xa están o suficiente saturadas.

A resposta a esta concentración foi masiva por parte da veciñanza de Castroverde, onde se decidiu seguir adiante con outras medidas ata conseguir que o Sergas revirta esta situación.” A política de recortes do PP na Xunta de Galicia déixanos sen atención sanitaria digna no rural pero coa nosa saúde non se xoga. Defenderemos o noso centro de saúde!” concluíu Laura