Skip to main content
Castroverde

O Concello de Castroverde entrega os premios do concurso de decoración

Por 29 Decembro, 2023Sin comentarios

A concelleira de Cultura do Concello de Castroverde fíxolles entrega dos correspondentes diplomas aos gañadores do concurso de decoración de escaparates con motivo do Nadal 2023, organizado polo Goberno local.

O primeiro premio, dotado con 300 euros, correspondeu a Súper Otero 21 mentres que o segundo, de 200 euros, foi para Serra Castroverde SL. O terceiro correspondeu a Almacenes Balonga, que recibirá 100 euros.

Este premio en diñeiro en metálico deberán gastalo nos distintos establecementos comerciais participantes no concurso, exceptuando no propio de cada un, “polo que é un diñeiro que queda no pobo, e no que saen gañando tamén outros establecementos aínda que non foran premiados”, explican desde o Concello.