Skip to main content
O Corgo

Arumes do Corgo repartiu os premios, que encabezaron Jorge Carril e Adrián Pérez

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

O colectivo Arumes do Corgo repartiu esta fin de semana os seus premios literarios do certame Terras de Chamoso. O acto tivo lugar no Punto de Atención á Lectura do Corgo, amenizado polas actuación de Lengua Dereita e Os Zanfoneiros da Tradescola.

Na categoría de poesía, o gañador foi o coruñés Jorge Carril, coa súa obra Lembranzas, mentres que o segundo foi para Susana Antón Mandayo, de Pontevedra, con Explicación da explicación.

En relato o primeiro premio foi para Adrián Pérez, de Madrid, por A defensa d’o Val. O segundo correspondeu a outro coruñés, Julio Romero Suárez, pola obra O miradoiro de Suevos.

Tamén houbo premios para as categorías infantil e xuvenil. En poesía o primeiro premio entre os máis pequenos foi para Paula Reija con Morriña de Galicia, e o segundo para Daniela Freire, con Miña terriña galega. Ámbalas dúas son de Castroverde.

En xuvenil o primeiro quedou deserto e o segundo foi para Uxía Seoane, de pontevedra con A miña terra.

En relato gañou unha veciña do Corgo, Mia Shine, na categoría infantil con A pereira da tía Miseria. O segundo foi para Carla Carracedo con Vivencias dos labregos galegos nos anos 40-50. Tamén houbo un accésit para Daniela Alvariño. Na xuvenil tampouco houbo primeiro premio e o segundo por para Ana Lestado con As cousas cambian.