Skip to main content
O Corgo

O Corgo rende homenaxe ao seu cronista Jesús Abuín Arias

Por 23 Decembro, 2023Sin comentarios

O Punto de Atención á Lectura do Corgo acolle hoxe, sábado, ás 17.00 horas, un acto público de homenaxe á figura de Jesús Abuín Arias, fillo predilecto e cronista oficial do Concello do Corgo. A loanza do homenaxeado correrá a cargo do coñecido escritor corgués Mario Outeiro.

Posteriormente, será presentado o Inventario de Fondos Bibliográficos do Palco, un exhaustivo traballo que recolle os 4.466 rexistros correspondentes aos 5.473 volumes da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Este inventario foi elaborado con carácter voluntario e altruísta por Natalia Silva, a quen tamén se lle renderá un merecido tributo en sinal de agradecemento.