Skip to main content
A Fonsagrada

Seguen as protestas pola sanidade, desta volta cunha caravana de coches dende A Fonsagrada ata o HULA

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

O BNG convocou hoxe unha caravana de coches dende A Fonsagrada ata o Hula pola defensa da sanidade pública da comarca. Na concentración participaron ducias de  coches que partiron dende A Fonsagrada ás 10 da maña, nela participaron á veciñanza de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada. En Lugo eran agardados polo vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, a deputada Iria Castro e polos concelleiros Álex Penas e Maite Ferreiro

María del Amor, responsable local do BNG na Fonsagrada, explicou que na actualidade o Centro de Saúde da vila conta a día de hoxe só con 2 médicas que atenden á veciñanza da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, preto de 4.000 persoas cunha media de idade moi avanzada. “A Xunta intenta facer na Fonsagrada o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde”, afirmou María del Amor.

O Xerente do Sergas non deu ningunha solución á veciñanza pois, segundo el non hai médicos e, a día de hoxe non se vai repoñer nin a praza que se sacou que cubría Negueira de Muñiz e Fonsagrada, nin a praza da persoa que se xubila a finais deste ano.

“Tras anos sen asumir as demandas da xente da Fonsagrada e facilitar os servizos de matrona ou fisioterapia hoxe dinnos que a solución e darlle á poboación a opción de desprazarse a Becerreá ou a Lugo, ou sexa temos que desprazarnos SI ou SI”, afirmou a responsable local.

A veciñanza de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada van seguir coas súas protestas ata que o Sergas dea unha solución a este desmantelamento da sanidade na comarca