Skip to main content
A Fonsagrada

O Club de Montaña Terras de Burón organiza unha ruta de sendeirismo

Por 8 Decembro, 2023Sin comentarios

O Club de Montaña Terras de Burón organiza para o vindeiro domingo 17 a VII Ruta de Sendeirismo.

Contará con dúa distancias, nas que se poderán descubrir os sendeiros da Maratón das Seimeiras do Trail Terras de Burón. Estas son a ruta de Chaila de 6 quilómetros e con saída ás 10.45 horas de San Martín de Suarna, e a ruta de Chaila desde Fonsagrada con 19 quilómetros e saída ás 8.45 horas da praza do Concello da Fonsagrada. Poderanse facer andando ou correndo.

Unha vez finalizado o evento terán un xantar de confraternización para os que desexen quedarse, que servirá como reunión anual do club para valorar todo o feito este ano e falar de proxectos futuros. Para participar será necesario a confirmación antes do 11 de decembro.

A inscrición é totalmente gratuíta para os socios do club e todos os participantes estarán asegurados. Para facerse socio do club tan só hai que cubrir un sinxelo formulario aquí.