Skip to main content
Lugo

Xaquedrum organiza un campamento de xadrez este Nadal

Por 9 Decembro, 2023Sin comentarios

Un ano máis a Asociación Cultural Xaquedrum organiza o Campamento de Nadal, que se levará a cabo desde o 26 de decembro ao 30 de decembro e levará a cabo nas instalacións de Parque Infantil de Tráfico, parque da Milagrosa.

O horario será de 9 a 14 horas e haberá a opción de madrugadores de 8 a 9 e ampliarase tamén de 14 a 15 horas. Está dirixido á rapazada de 4 a 15 anos e as prazas son limitadas.

O custo xeral é de 50 euros e cada suplemento de horario custa 10 euros á semana. Días soltos 14 euros. As persoas que desexen inscribirse poden facelo no 657 974 937 ou no correo xaquedrum@gmail.com.