Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pregunta polo futuro do carril bici

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

O concelleiro popular Enrique Rozas pedirá explicacións en comisión sobre varias cuestións relativas ao carril bici que, como alega, “eliminou centos de prazas de aparcamento e que provocou a indignación da veciñanza e do comercio”.

Afirman que se trata dun carril bici que se está deteriorando, “que non está sinalizado e que non existe unha ordeanza que o regule”.

Para os populares “o trazado do carril bici debe de ser modificado nalgunhas zoas da cidade” engadindo que “non se utiliza pero a súa existencia está ocasionando trastornos gratuítos e innecesarios afectando á facturación de negocios e repercutindo na comodidade da veciñanza que en moitos lugares non ten espazos nin para parar” ao mesmo tempo que eliminou prazas de aparcamento “sen facilitar ningunhas zoas de estacionamento alternativas”.

Unha das zoas onde máis prazas de aparcamento elimináronse foi no Barrio da Residencia fronte ás novas instalacións do complexo hospitalario “deixando minguada a zoa ante a necesidade de dotar de máis prazas de estacionamento unha vez entre en funcionamento a totalidade da dotación”, alegan.

Dende o PP tamén piden información sobre se o goberno local ten previsto elaborar unha ordenanza municipal para regular a circulación nos carrís bici.

“O Concello de Lugo podería estudar a modificación do carril bici e así facilitar aos condutores un lugar para estacionar, o mesmo que a Xunta de Galicia está a construír un aparcadoiro nas inmediacións de dito complexo”, indican.

O vicevoceiro Enrique Rozas denuncia a “mala xestión dos fondos europeos acadados por este concello, xa que se dedicaron a esta dotación máis de 1,2 millóns de euros e que non fixo máis que crear problemas dende a súa implantación sen falar dos preto de 2 millóns de euros que custou o edificio do Impulso Verde ou o 1,5m millóns de euros que se investiron na construción das Caldas do Miño”.