Skip to main content
Lugo

Pechan a zona de xogos de Campo Castelo uns días para renovar o perímetro

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

A zona de xogos infantís de Campo Castelo situada nas inmediacións do ecoparque que se está a culminar nesta praza será pechada desde esta tarde de forma temporal co obxectivo de acometer os traballos de mellora previstos dentro do proxecto de transformación da contorna. Deste xeito, o cerramento actual será modificado para que sexa moito menos invasivo adoptando unha configuración de muro revestido en madeira, que exercerá de banco para favorecer a socialización. Así mesmo, esta modificación aportará unha continuidade estética ao conxunto da praza posto que vai na liña dos traballos que se están a rematar na zona do novo ecoparque.

Ámbalas dúas instalacións quedarán a disposición da veciñanza de forma inminente, segundo sinalaron os responsables do proxecto. O investimento municipal na ampliación e renovación destas zonas infantís con materiais de orixe reciclada superou os 312.000 euros.