Skip to main content
Lugo

Presentan o Calendario do 2024 nas parroquias protagonistas da galería de imaxes

Por 17 Decembro, 2023Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A nova edición do calendario titúlase a terra entre as mans, e recolle imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias lucenses. Cristina López visitou Ombreiro e Bosende, dúas das localidades nas que se recolleron parte dos fotogramas históricos.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza vén de presentar o Calendario de 2024 con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título A terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias de Lugo.

Cristina López desprazouse ata as localidades Ombreiro e Bosende para agradecer a súa participación, e a de 13 parroquias máis, que se implicaron na elaboración deste calendario. A concelleira de Participación afirmou que “dado o éxito de cada edición, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo nos vindeiros anos”.

López quixo facer especial fincapé “no papel dos nosos antepasados e do seu importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas”.

Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.

O calendario a terra entre as mans continúa co proxecto iniciado pola área de Participación a finais do 2019. Cada ano, elaborouse un calendario amosando a riqueza das imaxes almacenadas no arquivo municipal, con diversas temáticas cada ano.