Skip to main content
Lugo

Comezan hoxe as actividades de Nadal da Tradescola

Por 19 Decembro, 2023Xaneiro 17th, 2024Sin comentarios

Achegase o Nadal, e dende a Tradescola teñen previstas varias actividades para estas datas que darán comeza hoxe cunha audición de Nadal na capela de Santa María de Lugo ás 19.00 horas. Estará presente o alumnado de Canto e pandeireta, de Pandeira, de Gaita e Percusión e tamén o alumnado de Baile, que achegarán unha escolma de pezas tradicionais destas datas: cantos de reis, cantos de Nadal, panxolinas, danzas de reis… etc.

Continuarán o xoves día 21 de decembro cos máis pequenos da Tradescola, que ofrecerán un mini concerto de Nadal ás súas familias e amigos.

E para rematar, o venres 22 de decembro, pola tarde daráselle a Benvida ao Apalpador xunto a outras asociacións da cidade, cunha actuación da Tradescola que está prevista para as 19.00 horas no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros, e na que participará alumnado de Canto e Pandeireta, Acordeón e alumnado de Zanfona da Tradescola.