Skip to main content
Lugo

Unha gala recadará fondos en favor do pobo palestino en xaneiro

Por 27 Decembro, 2023Decembro 28th, 2023Sin comentarios

Pallasos en Rebeldía, Culturactiva S. Coop. e o Concello de Lugo presentan unha Gala Solidaria a favor de Palestina no Auditorio Gustavo Freire.

Baixo o lema Cultura contra a barbarie recadaranse fondos en apoio ao pobo palestino nun evento que contará coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, Trécola Teatro, Paco Nogueiras e o Mago Teto. A gala será conducida por Sara Cruz.

A gala terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o 13 de xaneiro ás 18.00 horas. Ten un prezo de 5 euros.

“Nun contexto no que o pobo palestino enfronta unha das maiores crises humanitarias da nosa era, a cultura érguese como un poderoso medio para transmitir unha mensaxe de solidariedade e urxencia. Día tras día, esta comunidade sofre crimes de guerra que ameazan a vida cotiá de milleiros de persoas, incluíndo nenos e nenas. A cultura, entendida como un altofalante das reivindicacións sociais, convértese nun faro de esperanza e resistencia. Nesta gala solidaria, varias artistas unirán as súas voces e talentos para elevar unha chamada de apoio ao pobo palestino utilizando a arte como ferramenta para transcender fronteiras e construír pontes cara unha conciencia global.

A participación activa da sociedade en eventos culturais como este non só recada fondos vitais, senón que tamén subliña a necesidade apremiante de poñer fin a situación que afecta a toda unha poboación. Todos os cartos recadados serán destinados a apoiar ás entidades locais sobre terreo”, di a organización.

Poden comprarse as entradas neste enlace.